Taza de aceiro esmaltado · Faros de Galicia
15.00€ IVA Incluido
Hay existencias
Descripción
Taza de aceiro esmaltado · Faros de Galicia
Unha viaxe polos sentinelas do noso litoral. Máis ca unha representación visual, esta taza é unha cartografía sentimental da costa galega. Froito dunha minuciosa investigación e colaboración cultural, o deseño recolle 19 dos faros máis emblemáticos que guían aos navegantes polo noso mar, unindo a historia e a arquitectura marítima nun obxecto con estética retro.
Robusta e «ben chula», a súa composición metálica faina a compaña perfecta tanto para o almorzo na casa como para levar de viaxe ou ás túas escapadas á natureza.
Detalles do Deseño e Autoría
-
Ilustración: Deseño orixinal de Sandra de Rego.
-
Técnica: Debuxo manual de alta precisión. A selección dos faros contou coa colaboración experta de membros vinculados ao I.G.F.A. (Instituto Galego de Formación Aquaviaria).
-
Estampación: Sublimación de alta calidade realizada no noso obradoiro en Ames, garantindo nidez no trazo e resistencia.
Especificacións Técnicas
-
Material: Aceiro con recubrimento esmaltado (libre de níquel).
-
Capacidade: 325 ml.
-
Resistencia: Estampado preparado para resistir arañazos e a exposición aos raios UV.
-
Coidados: Para prolongar a durabilidade e o brillo do esmalte, recomendamos o lavado a man. Non apta para microondas nin lavalouzas.













