Taller de Serigrafía a 1 cor para 2 persoas

120.00

SKU: Taller-serigrafia-1 Categoría:

Descripción

Talleres de estampación artesanal: Serigrafía a 1 cor

O que máis nos gusta facer no taller é serigrafiar. Unha pasión, unha tradición e unha arte que queremos compartir neste curso de 3 horas con vós. 

A serigrafía é unha técnica de estampación milenaria provinte da cultura oriental, que se pode empregar sobre diferentes materiais e con diversas tintas (no noso caso tintas de base auga). Para adentrarnos no maravilloso mundo da serigrafía estamparemos só a unha cor para aprender moi ben as nocións básicas! Descubriredes os procesos desta técnica e o acabar poderedes levarvos unha peza en téxtil e outra en papel estampadas das que estaredes orgullosos e que serán o resultado da vosa creatividade. 

Qué aprenderemos:

  • Coñeceremos o taller e os materiais. 
  • Familiarizarémonos con términos como fotolito, emulsión, pantalla, insolar, revelar, secar, endurecer, racleta, raedera, etc…
  • Prepararedes o deseño e imprimiremos o fotolito que ides a empregar.
  • Aprenderedes a levar a cabo o proceso de emulsionado, insolado e revelado de unha pantalla.
  • Elexiredes os 2 soportes sobre os que imos a serigrafiar (lámina de papel e soporte téxtil) e a cor que queredes empregar.
  • Realizaredes o rexistro do fotolito coa pantalla e estamparedes.
  • Darémosvos uns consellos para a conservación dos materiais que usaredes para estampar e para facer un correcto curado das tintas. 

Duración: Desfrutaremos de 3 horas para aprender todos os pasos necesarios para reproducir o voso deseño. 

Materiais incluidos: 

Todos os que fagan falta para reproducir o voso deseño. Levarédesvos a casa a vosa obra. Tamén podedes traervos algún téxtil e/ou papel que queirades estampar (recomendamos que sexan soportes en fibras naturais para mellor fixación). Todos os nosos materiais teñen a etiqueta de ecolóxico ou reciclado e fairtrade. 

Por qué vir a Amor ó Teu? 

 O finalizar este taller teredes descuberto o mundo da serigrafía e compartido un tempo no noso taller que non olvidaremos. 

Outra información:

* Non é necesario saber debuxar nin ter ningún tipo de coñecemento sobre a serigrafía. 

* Para grupos consultar tarifas especiais no seguinte mail: sandra@amoroteu.com 

* En canto realices a compra do taller poñerémonos en contacto para concretar fecha. 

* O taller está situado en Bertamiráns – Galicia, nunha zona de fácil acceso, enviarémosche a localización. 

* Se te namoras da serigrafía despois de realizar este taller, poderás alquilar o espazo, así de fácil cho poñemos! Consulta as túas condicións AQUÍ

* Taller impartido por Sandra de Rego, artesana da serigrafía e do grabado en relevo.