Taller: Facer selos de Fotopolímero para 2 persoas
110.00€
Descripción
Talleres de estampación artesanal: Facer selos de fotopolímero
Neste taller aprederemos a realizar selos a través de pranchas de fotopolímero. Descubrirémosvos os procesos desta técnica e o rematar poderedes levarvos unha peza téxtil ou en papel estampada, ademais do selo creado cas vosas propias mans.
Qué aprenderemos:
Explicarémosvos as nocións básicas e partindo dun fotolito traballaremos a prancha de fotopolímero, un material que reacciona o contacto coa luz ultravioleta. Faremos o proceso de insolado e revelado do selo. Finalizaremos montando e estampando o voso deseño tanto sobre un soporte téxtil como en papel.
Tamén vos aconsellaremos acerca dos materiais, as tintas e os tempos necesarios según a nosa experiencia para obter traballos de mellor calidade.
Duración: Desfrutaremos de 3 horas para aprender todos os pasos necesarios para reproducir o teu deseño.
Materiais incluidos:
Todos os que fagan falta para reproducir o voso deseño. Levarédesvos a casa a vosa obra. Tamén podedes traervos algún téxtil e/ou papel que queirades estampar (recomendamos que sexan soportes en fibras naturais para mellor fixación). Todos os nosos materiais teñen a etiqueta de ecolóxico ou reciclado e fairtrade.
Por qué vir a Amor ó Teu?
Invitámosvos a coñecer esta técnica se vos interesa aprender a realizar os vosos propios selos, a desfrutar cos procesos manuais e se sodes uns apaixonados da creatividade.
Outra información:
* Non é necesario saber debuxar nin ter ningún tipo de coñecemento sobre a estampación en fotopolímero.
* Para grupos consultar tarifas especiais no seguinte mail: sandra@amoroteu.com
* En canto realices a compra do taller poñerémonos en contacto para concretar fecha.
* O taller está situado en Bertamiráns – Galicia, nunha zona de fácil acceso, enviarémosche a localización.
* Taller impartido por Sandra de Rego, artesana da serigrafía e do grabado en relevo.