Taller de Serigrafía a 2 cores para 2 persoas

150.00

SKU: Taller-serigrafia-2colores Categoría:

Descripción

Talleres de estampación artesanal: Serigrafía a 2 cores

O que máis nos gusta facer no taller é serigrafiar. Unha pasión, unha tradición e unha arte que queremos compartir neste curso de 3 horas con vós. 

A serigrafía é unha técnica de estampación milenaria provinte da cultura oriental, que se pode empregar sobre diferentes materiais e con diversas tintas (no noso caso tintas de base auga). Neste taller melloraredes os vosos coñecementos sobre esta técnica e o acabar poderedes levarvos unha peza en téxtil e outra en papel estampadas das que estaredes orgullosos e que serán o resultado da vosa creatividade. 

Qué aprenderemos:

  • Revisitaremos o taller e os materiais. 
  • Recordaremos términos como fotolito, emulsión, pantalla, insolar, revelar, secar, endurecer, racleta, raedera, etc…
  • Prepararedes o deseño e imprimiremos os fotolitos que ides a empregar.
  • Levaredes a cabo o proceso de emulsionado, insolado e revelado de dúas pantallas.
  • Elexiredes os 2 soportes sobre os que imos a serigrafiar (lámina de papel e soporte téxtil) e as cores que queredes empregar.
  • Realizaredes o rexistro dos fotolitos coas pantallas e estamparemos profundizando na técnica de estampado a dúas tintas.
  • Darémosvos uns consellos para a conservación dos materiais que usaredes para estampar e para facer un correcto curado das tintas. 

 

Duración: Desfrutaremos de 3 horas para aprender todos os pasos necesarios para reproducir o voso deseño. 

Materiais incluidos: 

Todos os que fagan falta para reproducir o voso deseño. Levarédesvos a casa a vosa obra. Tamén podedes traervos algún téxtil e/ou papel que queirades estampar (recomendamos que sexan soportes en fibras naturais para mellor fixación). Todos os nosos materiais teñen a etiqueta de ecolóxico ou reciclado e fairtrade. 

Por qué vir a Amor ó Teu? 

Este taller interesaravos se queredes seguir aprendendo a serigrafiar, de forma relaxada e manchándovos as mans traballando tanto nun proxecto persoal como nun proxecto para comercializar.  

Outra información:

* Non é necesario saber debuxar. 

* É necesario facer previamente o taller de serigrafía a 1 cor ou ter empregado a técnica da serigrafía antes.

* Para grupos consultar tarifas especiais no seguinte mail: sandra@amoroteu.com 

* En canto realices a compra do taller poñerémonos en contacto para concretar fecha. 

* O taller está situado en Bertamiráns – Galicia, nunha zona de fácil acceso, enviarémosche a localización. 

Se te namoras da serigrafía despois de realizar este taller, poderás alquilar o espazo, así de fácil cho poñemos! Consulta as túas condicións AQUÍ

* Taller impartido por Sandra de Rego, artesana da serigrafía e do grabado en relevo.