Camiseta de algodón orgánico · Faros de Galicia

34.00 IVA Incluido

SKU: cami-faros Categoría:

Descripción

Camiseta de algodón orgánico · Faros de Galicia

Unha viaxe polos sentinelas do noso litoral. Máis ca unha peza de roupa, esta camiseta é unha cartografía sentimental da costa galega. Froito dunha minuciosa investigación e colaboración cultural, o deseño recolle 19 dos faros máis emblemáticos que guían aos navegantes polo noso mar, unindo a historia e a arquitectura marítima nunha peza de moda sostible.

Luce con orgullo os sentinelas do noso litoral e leva contigo a esencia da cultura mariñeira de Galicia en cada detalle.


Detalles do Deseño e Autoría

  • Ilustración: Deseño orixinal de Sandra de Rego.

  • Técnica: Debuxo manual de alta precisión. A selección dos faros contou coa colaboración experta de membros vinculados ao I.G.F.A. (Instituto Galego de Formación Aquaviaria).

  • Estampación: Serigrafía artesanal a 1 cor realizada no noso obradoiro en Ames, garantindo a máxima fidelidade ao trazo orixinal e unha gran durabilidade.


Especificacións Técnicas

  • Composición: 100% algodón peiteado orgánico (máximo confort e respectuoso co medio ambiente).

  • Cor: Branco.

  • Tallaxe dispoñible: S, M, L, XL.

  • Coidados: Recoméndase lavar sempre do revés e en auga fría. Non usar secadora e pasar o ferro do revés para protexer a integridade da estampaxe artesanal.

Información adicional

Tallas

XS, S, M, L, XL